Caldas, testemuña da última proba

A última proba antes de poñer rumbo a Madrid.

O campo de fútbol de As Corticeiras, en Caldas de Reis, será testemuña da última sesión de adestramento da Selección Galega UEFA antes de poñer rumbo á capital de España. O seleccionador Iván Cancela realizará a última proba antes de dar a coñecer a lista dos 18 futbolistas que o martes día 11 desprazaranse a Madrid para a gran cita que terá lugar 24 horas máis tarde ante o País Vasco na Cidade do Fútbol de Las Rozas.

O combinado autonómico xogarase o pase á gran final da Copa das Rexións UEFA ante a formación vasca nunha eliminatoria a partido único o mércores 12 de febreiro ás 10.30 horas. Cómpre salientar que os nosos chegan a esta Fase Intermedia despois de asinar o billete dun xeito extraordinario nas Rías Baixas ante Ceuta e Castela A Mancha o pasado mes de decembro.

Convocatoria definitiva

Tras o adestramento do martes en Caldas, o seleccionador galego dará a coñecer a convocatoria definitiva dos 18 que defenderán a camisola de Galicia ante o País Vasco. A expedición galega ten previsto poñer rumbo á capital de España o martes día 11 pola mañá e realizar a última sesión de adestramento xa en Las Rozas esa mesma tarde.








Café bar Taíno
Hotel Restaurante Sena
Mobiliario Bermaña

CLUBE DE FUTBOL CALDAS

As Corticeiras
Carretera N-640 Caldas-Vilagarcía
Caldas de Reis
Pontevedra


T: 644 87 22 59
E: caldascf@hotmail.es

Donde estamos


Ver Campo As Corticeiras