A SELECCIÓN GALEGA DE FÚTBOL EN CALDAS

A Selección Galega de Afeccionados que dirixe Iván Cancela realizará o próximo martes día 12 o segundo adestramento no campo de As Corticeiras, en Caldas.

O seleccionador galego de afeccionados Iván Cancela deu a coñecer este xoves a lista de convocados para a segunda sesión prepataroria do combinado autonómico que disputará a Copa das Rexións UEFA. Galicia xogarase a clasificación para a segunda fase como anfitrioa entre o 6 e o 8 de decembro, concretamente nas Rías Baixas (Portonovo, Vilalonga e A Illa de Arousa) ante os equipos de Ceuta e Castela A Mancha.

Despois do primeiro test que tivo lugar o pasado día 23 de outubro na Estrada, o seleccionador galego Iván Cancela anunciou o nome dos 22 futbolistas que participarán no segundo adestramento, unha cita que terá lugar o próximo martes día 12 no campo das Corticeiras, en Caldas, a partir das 18.30 horas.

Galicia xogarase o pase á seguinte fase nas Rías Baixas. Os campos de fútbol de Baltar (Portonovo), San Pedro (Vilalonga) e o Salvador Otero (A Illa de Arousa) albergarán os partidos correspondentes a este Grupo F do torneo.

O primeiro partido desta primeira fase da Copa das Rexións UEFA disputarase o venres día 6 de decembro a partir das 12 horas do mediodía no campo de Baltar, en Portonovo. Alí debutará Galicia ante Castela A Mancha na cita inaugural. 24 horas máis tarde mediranse as seleccións de Ceuta e Castela A Mancha no campo de San Pedro, en Vilalonga, mentres que o domingo día 8, e tamén ás 12 horas, Galicia xogará o seu último enfrontamento ante Ceuta no Salvador Otero da Illa de Arousa.

#SELECCIÓNGALEGA #ASCORTICEIRAS #CALDASCF








Café bar Taíno
Hotel Restaurante Sena
Mobiliario Bermaña

CLUBE DE FUTBOL CALDAS

As Corticeiras
Carretera N-640 Caldas-Vilagarcía
Caldas de Reis
Pontevedra


T: 644 87 22 59
E: caldascf@hotmail.es

Donde estamos


Ver Campo As Corticeiras